Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto polo Sindicato de Enfermería SATSE.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra tramítase o recurso 110/2014 (procedemento abreviado), interposto polo Sindicato de Enfermería SATSE contra os seguinte actos do procedemento de mobilidade interna voluntaria para persoal fixo das categorías de xestión e servizos, persoal sanitario diplomado e sanitario de formación profesional do Complexo Hospitalario de Pontevedra, convocado mediante resolución da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés do 1 de xuño de 2012 (anuncio publicado no DOG nº 123, do 28 de xuño):

• A desestimación por silencio administrativo do recurso de alzada deducido fronte á Resolución da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés do 30 de setembro de 2013, pola que se declara definitiva a adxudicación de postos de todas as categorías, agás a de ATS/DUE, convocándoa para un novo acto de elección, se establece a orde de prelación dos postos no chamamento e se relacionan os postos ofertados.

• A desestimación por silencio administrativo do recurso de alzada deducido fronte á Resolución do 15 de abril de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se declara finalizado o proceso de mobilidade interna, se publican con carácter definitivo os destinos adxudicados na categoría de ATS/DUE e se determina a incorporación aos postos adxudicados.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos