Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso
contencioso-administrativo interposto por Cristina López Lema.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra tramítase o recurso 202/2014 (procedemento abreviado), interposto por Cristina López Lema contra a resolución desta dirección xeral do 5 de maio de 2014 que desestima a súa solicitude de retroacción do proceso selectivo convocado pola Resolución do 18 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 40, do 26 de febreiro),
ao momento da publicación da Resolución do 23 de febreiro de 2011 (DOG núm. 41, do 1 de marzo) pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se citan para o acto de elección de destino aos aspirantes seleccionados. Na devandita solicitude, que deu lugar a este recurso, solicítase que se proceda a un novo acto de elección e adxudicación de destino na categoría de técnico especialista en Anatomía Patolóxica e Citoloxía.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos