Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 18 de setembro de 2014, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento de adxudicación de vivendas de promoción pública (VPP) no concello da Coruña (expediente C-40-IV/76, conta 118).

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se ter efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 18 de setembro de 2014

Luis Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: C-40-IV/76, conta 118.

Nome e apelidos: María Inmaculada Iglesias Villar.

Último enderezo coñecido: avenida Monelos, nº 16, 5º D, A Coruña.

Acto notificado: resolución de arquivamento por desistencia dunha vivenda de protección oficial de promoción pública.