Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e multicriterio, documentalmente simplificado, para a contratación dun servizo de limpeza no centro do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral en Pontevedra (expediente PA 3/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga).

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Administración e Persoal.

c) Número de expediente: PA 3/2014.

2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de limpeza no edificio do centro do Issga en Pontevedra, sito no Camiño do Coto do Coello, nº 2, en Rande, no concello de Redondela.

3. Prazo de execución: dous anos desde a data da sinatura do contrato (previsiblemente o 22 de decembro de 2014). Este contrato admite prórrogas anuais ata un máximo de dous (2) anos.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e multicriterio, documentalmente simplificada. Os criterios de adxudicación recóllense na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. CPA: 81.2. CPV: 90911200-4.

6. Orzamento máximo de licitación: 86.878,00 €, IVE incluído.

7. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información: Servizo de Administración Xeral do Issga. Casa da Parra. Praza da Quintana, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono: 881 99 93 34; fax: 881 99 94 33; correo electrónico: issga.subdireccionpersoal@xunta.es

9. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21188

10. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberán xustificarse polos medios sinalados, respectivamente, nas cláusulas 4.3.8) e 4.3.9) do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, agás que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao seguinte día hábil.

b) Documentación que cómpre presentar: a sinalada na cláusula 4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar e forma de presentación: Rexistro Xeral do Issga, situado na Casa da Parra. Praza da Quintana de Vivos, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Cando a documentación se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou correo electrónico. Esta notificación cursarase ao Servizo de Administración Xeral do Issga referido no punto 8.

12. Apertura das ofertas: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións faranse públicas no perfil do contratante as convocatorias das mesas para a apertura dos sobres 2 e 3, que terán lugar en acto público nunha sala de xuntas da Consellería de Traballo e Benestar; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

13. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2014

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral