Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43855

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública sobre convenio urbanístico (2013/002.CONV).

Nas dependencias municipais do Concello de Arteixo asinouse o 25.9.2014 con Florencio López Souto o texto inicial do convenio urbanístico de execución de planeamento para a obtención de terreos para a realización da obra incluída no POS-2011 nomeada beirarrúas enlace avenida Arsenio Iglesias-avenida Caión.

De acordo co establecido polo artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o texto do convenio ao trámite de información pública por un período de vinte días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o dito período, o texto do convenio subscrito estará á disposición do público en xeral de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas no Departamento de Urbanismo, e os sábados no Departamento de Información e Rexistro en horario de 9.30 a 13.30 horas.

Arteixo, 25 de setembro de 2014

Por delegación (Decreto número 989/2011, do 21.6.2011)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo