Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43856

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de teleasistencia domiciliaria.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato do servizo de teleasistencia domiciliaria para o concello de Ourense:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2285.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación, mediante procedemento aberto con múltiples criterios de adxudicación, do servizo de teleasistencia domiciliaria para o concello de Ourense.

c) CPV: 85312000-5.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 10 de marzo de 2014.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 16,35 euros, IVE (4 %): 0,65 euros. Importe total: 17 euros terminal/mes.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 14 de agosto de 2014.

b) Data de formalización: 16 de setembro de 2014.

c) Contratista: Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 13,75 euros, IVE: 0,55 euros. Importe total: 14,30 euros terminal/mes.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: esta adxudicación baséase nos puntos obtidos coa proposición económica e cos puntos obtidos na oferta técnica segundo informe do Servizo de Benestar Social e serve todo isto como motivación.

Ourense, 18 de setembro de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde