Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43858

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato das obras do proxecto de urbanización da vía de acceso ao barrio do Cuco.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato das obras do proxecto de urbanización da vía de acceso ao barrio do Cuco:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2275.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de obras.

b) Descrición do obxecto: contratación, mediante procedemento aberto, das obras do proxecto de urbanización da vía de acceso ao barrio do Cuco.

c) CPV: 45233226-9.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 14 de decembro de 2013 e 18 de decembro de 2013.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 289.256,20 euros, IVE: 60.743,80 euros. Importe total: 350.000,00 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 14 de agosto de 2014.

b) Data de formalización: 15 de setembro de 2014.

c) Contratista: Construcciones Boalva, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 216.595,04 euros, IVE: 45.484,96 euros. Importe total: 262.080,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta máis barata das admitidas e ser o prezo o único criterio de adxudicación.

Ourense, 18 de setembro de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde