Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2013/0026-0.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de relacións laborais.

Comunícaselle que a dita resolución non pon fin á vía administrativa e o interesado poderá formular recurso de alzada, no prazo dun mes contado desde a súa publicación, ante a conselleira de Traballo e Benestar, de acordo co establecido nos artigos 114 e 115 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Advírteselle que, de non interpoñer o citado recurso, terá que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar nos servizos centrais da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo do pagamento do período voluntario, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Empresa

Domicilio Localidade

Nº de expediente

Data resolución dirección xeral

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Limpiezas El Polígono, S.L.

Avenida de Lugo, 159, baixo, Santiago de Compostela

RL2013/0026-0 131092/2013/1/T

20 de marzo de 2014

Artigos 4.2 f) e 29.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores

Artigo 8.1 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto

100.006 €