Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de axudas do programa de transformación de contratos temporais en indefinidos, reguladas na Orde do 4 de maio de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 86, do 7 de maio), relativa ao expediente TR348B 2010/33-1 e catro máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 17 de setembro de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR348B 2010/33-1.

Nome ou razón social: Dubra Oil, S.L.

Último enderezo coñecido: Foxo, s/n, 15874 Val do Dubra, A Coruña.

Feitos imputados: incumprimento da obriga de xustificación ou xustificación insuficiente.

Preceptos infrinxidos: artigo 33.1 letra c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/163-1.

Nome ou razón social: Piskapan Coruña, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Alcalde Marchesi, 10, baixo, 15006 A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Preceptos infrinxidos: base sétima punto 1 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/393-1.

Nome ou razón social: Ferralla Casvi, S.L.

Último enderezo coñecido: avenida Mourelle, parcela 4, 15840 Santa Comba, A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Preceptos infrinxidos: base sétima punto 1 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/543-1.

Nome ou razón social: Frontera Pereiro, S.L.L.

Último enderezo coñecido: Quintán, 14, 1º, Mondego, 15168 Sada, A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Preceptos infrinxidos: base sétima punto 1 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/612-1.

Nome ou razón social: Jose Luis Varela Varela.

Último enderezo coñecido: Club Firrete, 7, 3º H, baixo C, 15600 Pontedeume, A Coruña.