Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:
Solicitante: Confederación Hidrográfica del Cantábrico.
Domicilio social: urbanización La Fresneda, 33429 Siero, Asturias.
Denominación: LMTS e CTC de abonado para subministración eléctrica a EDAR.
Situación: concello de Cervo.
Características técnicas:
– LMTS a 20 kV, con orixe no CTC 02771 PI. Cuíña 3 e final no CT de abonado proxectado, cunha lonxitude de 351 metros de condutor proxectado tipo RHZ1-95.
– CT en edificio non prefabricado, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 12 de setembro de 2014
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo