Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente IN407A 2012/18-2, 7988 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Confederación Hidrográfica del Cantábrico.

Domicilio social: urbanización La Fresneda, 33429 Siero, Asturias.

Denominación: LMTS e CTC de abonado para subministración eléctrica a tanque de tormentas.

Situación: concello de Cervo.

Características técnicas:

• LMTS a 20 kV, con orixe no CTC 07614 avda. Veiga 3 e final no CT de abonado proxectado, cunha lonxitude de 163 metros de condutor proxectado tipo RHZ1-95.

• CT en edificio soterrado non prefabricado, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 12 de setembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo