Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 17 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións eléctricas (expediente 45/2014), LMTS, CT e RBT, Pousada-Viós (Abegondo).

Outorgada a declaración de utilidade pública, que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,308 km, con orixe no paso aereosoterrado que se realizará en apoio existente nº 46 da LMT aérea CES-705, tramo entre a derivada ao CT Viós (expediente 35.025) e a derivada ao CT Precedo (expediente 35.025), e final no centro de transformación que se vai instalar no lugar de Pousada-Viós, no termo municipal de Abegondo (expediente 45/2014), por resolución desta xefatura territorial do 2 de setembro de 2014, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 30 de outubro de 2014 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Abegondo, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia, BOP e no xornal La Voz de Galicia de datas 21.5.2014, 8.5.2014 e 15.5.2014, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual en que se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 17 de setembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña