Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCION do 29 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto, da contratación administrativa especial para a xestión do servizo da cafetaría do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Cultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Enderezo: rúa Valle Inclán, 2, 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 66 14, fax: 981 54 66 25.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo da cafetaría do Centro Galego de Arte Contemporánea.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Canon mínimo do contrato:

Importe: mil douscentos euros anuais (1.200,00 €).

5. Prazo de vixencia: dous anos, prorrogable.

6. Fianzas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: mil euros (1.000,00 €).

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de propostas:

a) Lugar: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

b) Prazo: comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás catorce horas; se o último día fose inhábil, prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en dous sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador, o obxecto do contrato e, de ser o caso, o número do Rexistro de Contratistas da Xunta de Galicia.

9. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

10. Modelo de proposición económica: o que figura como anexo III no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: todos os interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e, así mesmo, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da rede internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21262.

12. Apertura de proposicións: o acto público da apertura das proposicións do sobre B terá lugar na sala de xuntas da Secretaría Xeral de Cultura, na data e hora que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante na web: http://www.contratosdegalicia.es/.

13. Anuncios: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2014

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura