Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43628

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (260/2011).

Carmen Fernández Santiago, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, fai saber que no procedemento de divorcio número 260/2011 se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Sentenza 13/2013.

En Vilagarcía de Arousa, 16 de xaneiro de 2013.

Vistos por min, Sandra Iglesias Martínez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo de divorcio contencioso 260/2011, promovidos por instancia de Susana Pérez Rodríguez, representada polo procurador Sr. Gómez Feijoo e asistida pola letrada Sra. Guede Pérez, fronte a Francisco Javier Núñez Bermúdez, en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal, representado por María Elena Souto Taboada, dos cales resultan os seguintes,

Decido:

Que estimando substancialmente a demanda presentada por Susana Pérez Rodríguez, fronte a Francisco Javier Núñez Bermúdez, debo acordar e acordo a disolución por causa de divorcio do matrimonio formado por ambos, con todos os efectos legais inherentes a tal declaración.

Así mesmo, acordo as seguintes medidas:

1º. A garda e custodia dos fillos menores, será atribuída á nai con quen seguirán convivindo como ata a data no domicilio familiar.

2º. A patria potestade será compartida por ambos os dous proxenitores.

4º. Establécese, con carácter xeral, un réxime de visitas a favor do cónxuxe demandado, en relación aos seus fillos, amplo e flexible e que poderá ver sempre que queira os menores, cun aviso previo dun día realizado telefonicamente, tendo en conta sempre os horarios escolares e de estudo dos nenos.

Non obstante o anterior, e para o caso de que non exista o antedito acordo entre os pais, establécese como reitor, con carácter subsidiario, o réxime de visitas que se pasa a expoñer:

Visitas intersemanais: recollerá os nenos os mércores ás 17.00 horas e reintegraraos no domicilio materno ás 20.00 horas.

Fins de semana: recollerá os nenos as fins de semana alternativamente no domicilio da nai os venres pola tarde sobre as 19.00 horas e devolveraos o domingo ás 19.00 horas se é inverno, os meses de outubro a maio, (ambos os dous incluídos). Se for verán, meses de xuño a setembro, (ambos os dous incluídos) recollerá os fillos os venres pola tarde, ás 19.00 horas e devolveraos no domicilio da nai ás 21.30 horas pernoitando no domicilio do pai durante o venres e sábado.

Períodos de vacacións:

A) Nadal, os fillos pasarán a metade das vacacións escolares co pai e a outra metade coa nai desde o 21 de decembro ata o 30 do mesmo mes e desde o 31 de decembro ata o día 8 de xaneiro.

En caso de desacordo entre os pais, cada proxenitor terá prioridade de elección un ano; corresponderalle elixir ao pai os impares e á nai os pares.

B) Semana Santa, os fillos pasarán a metade destas vacacións co pai e a metade coa nai.

En caso de desacordo entre os pais, cada proxenitor terá prioridade de elección un ano; corresponderalle elixir á nai os anos pares e ao pai os impares.

C) Verán, o período de vacacións escolares de verán pasarano os fillos a metade co pai e a outra metade coa nai, desde o día 21 de xuño ata o día 31 de xullo e desde o 1 de agosto ata o 15 de setembro.

En caso de desacordo entre os pais, cada proxenitor terá prioridade de elección un ano; corresponderalle elixir á nai os anos pares e ao pai os impares.

Ambas as dúas partes comprométense a seguir respectándose e a colaborar na educación dos seus fillos, procurando sempre e por riba de todo, o mellor para eles.

O anterior réxime de visitas levarase a cabo coa maior cordura e flexibilidade, atendendo sempre ao interese dos menores.

4º. En canto ao domicilio familiar, que pertence á sociedade ganancial, atribúeselle o seu uso aos menores que convivirán nel coa súa nai, así como a utilización do enxoval familiar, sen prexuízo dos inventarios que se consideren necesarios.

5º. Que o pai contribuirá en concepto de pensión de alimentos para os nenos co pagamento de cento cincuenta euros mensuais (150,00 € mensuais), por cada fillo, que farán efectivos por meses anticipados, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, mediante o ingreso na conta bancaria que o pai determine para tal efecto, revalorizables automaticamente conforme a elevación do IPC que publique o INE ou organismo oficial que o poida substituír, tomando como base o mes de presentación da demanda.

6º. Así mesmo, ambos os proxenitores aboarán ao 50% os gastos extraordinarios dos menores, conforme o disposto no fundamento xurídico segundo desta resolución.

E todo isto sen facer especial condena en custas a ningunha das partes.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, advertíndolles que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación do cal coñecerá a Audiencia Provincial.

Unha vez que sexa firme, conforme o 774-5ª da LAC 1/2000, comuníqueselle de oficio ao Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio para os efectos oportunos.

Así, por esta miña sentenza, da cal se deducirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco Javier Núñez Bermúdez, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 23 de maio de 2014

A secretaria xudicial