Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43627

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Chantada

EDICTO (410/2012).

Eu, Denise Romero Barciela, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada, por este anuncio,

Acordo:

1º. A disolución por divorcio do matrimonio formado por Francis Nlate e Elvira Capón Doval.

Unha vez que sexa firme a presente resolución, procédase á anotación no Rexistro Civil de Carballedo no tomo 31, páxina 211.

Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte (20) días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Ao se atopar o dito demandado, Francis Nlate, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Chantada, 22 de maio de 2014

A secretaria xudicial