Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43496

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (129/2013 IGR).

Divorcio contencioso 129/2013.

Demandante: María Estela González Domínguez.

Procurador: José Fernández González.

Avogada: María Jesús Rodríguez Rivada.

Demandado: Elisardo Alonso Vecoña.

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, por medio do presente,

Anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de María Estela González Domínguez fronte a Elisardo Alonso Vecoña, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 180.

Vigo, 17 de marzo de 2014.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 129/2013 sobre disolución por matrimonio por divorcio, actuando como demandante María Estela González Domínguez, representada polo procurador dos tribunais José Fernández González e con asistencia letrada de María Jesús Rodríguez Rivada, contra Elisardo Alonso Vecoña, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decisión.

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Fernández González, en nome e representación de María Estela González Domínguez, contra Elisardo Alonso Vecoña, declarado en situación de rebeldía procesual, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración, realizando os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia do fillo menor atribúeselle á Sra. González Domínguez, a patria potestade será compartida por ambos os dous proxenitores.

Segundo. O Sr. Alonso Vecoña poderá relacionarse co seu fillo cando ambos os dous libremente e de mutuo acordo así o conveñan.

Terceiro. O Sr. Alonso Vecoña deberá aboar en concepto de alimentos a favor do seu fillo a cantidade de 200 euros mensuais, que deberá ingresar dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que para o efecto designe a nai, e que se actualizará anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníqueselle ao rexistro civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación, no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución, ante a audiencia provincial».

E encontrándose o dito demandado, Elisardo Alonso Vecoña, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 12 de setembro de 2014

A secretaria xudicial