Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43498

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (864/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 864/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Felípez Piñeiro contra Intemaga, S.L., UTE Avico, Grupo Cobra, S.A., Proinfo, Pacsa, IPT-Grupo Comsa-Ente, admins. concursal Juan Eugenio Hernández Escobar, Fogasa e Irena, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 443/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución de contrato 864/2013, acumulado despedimento 286/2014 e 954/2013.

Demandante: Jesús Felípez Piñeiro.

Letrado: Sr. Nogueira Esmorís.

Demandada:

– Intemaga, S.L.

Letrado:

– Administrador concursal de Intemaga, S.L.

Sr. Hernández Escobar.

– UTE Avico.

Letrada: Sra. Pequeño Fernández.

– Grupo Cobra, S.A.

Letrado:

– Proinfo.

Letrado:

– Pacsa.

Letrado:

– IPT-Grupo Comsa-Ente.

Letrado:

– Irena, S.L.

Letrada: Sra. Páez Montes.

Fogasa.

Sentenza 443/2014.

A Coruña, 11 de agosto de 2014.

Resolución.

1º. Estimo a acción sobre resolución contractual formulada por Jesús Felípez Piñeiro fronte á empresa Intemaga, S.L., e acordo a extinción da súa relación laboral con efectos do 12.7.2013, condenando a empresa demandada a lle aboar ao demandante a indemnización de 10.296,72 euros.

2º. Desestimo a acción de impugnación de despedimento por causa obxectiva e por despedimento tácito formulada por Jesús Felípez Piñeiro fronte á empresa Intemaga, S.L.

3º. Estimo a acción de reclamación de cantidade formulada por Jesús Felípez Piñeiro fronte á empresa Intemaga, S.L e, en consecuencia, condeno a esta a lle aboar ao primeiro a suma de 4.086,90 euros en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos.

A empresa codemandada UTE Avico deberá responder solidariamente con Intemaga, S.L. do pagamento ao demandante de 908,20 euros deses 4.086,90 euros.

4º. Desestimo a acción de reclamación de cantidade formulada por Jesús Felípez Piñeiro fronte á empresa Irena, S.L e, en consecuencia, absólvoa de todos os pedimentos formulados contra ela.

5º. Considérase que o demandante desiste das súas pretensións fronte ás empresas Grupo Cobra, S.A., Proinfo, Pacsa e IPT-Grupo Comsa-Ente.

6º. O Fogasa e a administración concursal de Intemaga, S.L. deberanse ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentencia ás partes e advírtase que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Intemaga, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 11 de setembro de 2014

A secretaria xudicial