Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 6 de outubro de 2014 Páx. 43306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 18 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se fai pública a notificación de dous expedientes de suspensión condicional (Pesan 1 2012/000848-1 e Pesan 1 2012/000760-1).

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan a resolución relativa á suspensión condicional que solicitaron no seu día.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante a Consellería do Medio Rural e do Mar, ou ben poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Os expedientes relacionados a seguir están á disposición dos interesados na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 61 63).

Nº de expediente: Pesan 1 2012/000848-1.

Beneficiario: José Manuel Deiro Mougán.

NIF: 53480881Q.

Enderezo: Cespón, nº 42, 15991 Boiro, A Coruña.

Trámite: remisión da sanción.

Nº de expediente: Pesan 1 2012/000760-1.

Beneficiario: Fernando Jesús Hernández Lema.

NIF: 46905372T.

Enderezo: r/ Río Anllón, nº 8, baixo, 15100 Carballo, A Coruña.

Trámite: remisión da sanción.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar