Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 6 de outubro de 2014 Páx. 43304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración de mangueiras para a realización de traballos de prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2014 (expediente 19/2014).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de mangueiras para a realización de traballos de prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2014.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20632

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 111, do 12 de xuño de 2014.

e) Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 119.000,00 €, IVE (21 %): 24.990,00 €. Importe total: 143.990,00 €.

Valor estimado: 119.000,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 13 de agosto de 2014.

b) Adxudicataria: Gauzón Ibérica, S.L.

c) Importe: 118.945,65 € (sen IVE).

IVE 21 %: 24.978,59 €.

Importe total: 143.924,24 €.

d) Data de formalización do contrato: 1 de setembro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2014

Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar