Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 6 de outubro de 2014 Páx. 43303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 12 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se notifica a Explotaciones Cerámicas Españolas, S.A. (ECESA) o emprazamento para a comparecencia no recurso contencioso-administrativo que interpuxo Área Minera del Atlánticos, S.L. contra a Resolución do 8 de outubro de 2013 que rexeita o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 17 de novembro de 2011, pola que se declaraba a caducidade de dezaseis cuadrículas minerais do permiso de investigación Quinta ampliación a Monte Castelo.

Unha vez intentada a notificación no último domicilio coñecido e despois de ser devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula comunícaselle a Explotaciones Cerámicas Españolas, S.A. (ECESA) que se está tramitando o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7152/2014-S, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interposto por Área Minera del Atlánticos, S.L. contra a Resolución do 17 de novembro de 2011, desta consellería, pola que se declaraba a caducidade de dezaseis cuadrículas minerais do permiso de investigación Quinta ampliación a Monte Castelo, co fin de que poida comparecer, se o considerar oportuno, ante o dito tribunal, no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2014

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria