Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 6 de outubro de 2014 Páx. 43307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 18 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se fai pública a notificación dun expediente de suspensión condicional (Pesan 1 2012/331-5).

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona o trámite de audiencia relativo ao procedemento de solicitude de suspensión condicional da execución da sanción.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición da interesada na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 61 63).

Nº de expediente: Pesan 1 2012/331-5.

Beneficiaria: Beatriz Otero Pazos.

NIF: 35295272R.

Enderezo: As Muras, nº 50, 36841 Pazos de Borbén, Pontevedra.

Trámite: audiencia.

Prazo para presentar alegacións: quince (15) días.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar