Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43258

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da delegación do Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro nesta deputación das facultades de recadación en vía executiva das taxas por abastecemento de auga, sumidoiro e depuración.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 1 de agosto de 2014, acordou por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que, en materia de recursos locais realizou o Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de recadación en vía executiva das taxas por abastecemento de auga, rede de sumidoiros e depuración.

A citada delegación levaraa a cabo a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 11 de agosto de 2014

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra