Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43257

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de información pública sobre centro de valorización de residuos orgánicos na parroquia de Goián.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que a mercantil Egedos, S.L. solicita licenza de obra e de actividade para centro de valorización de residuos orgánicos, que se vai realizar no barrio de Fial, parroquia de Goián, deste termo municipal, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo polo actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito, no Rexistro Xeral deste concello, no prazo de vinte (20) días que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Tomiño, 23 de setembro de 2014

Sandra González Álvarez
Alcaldesa