Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 24 de setembro de 2014 pola que se notifica a orde de retirada da embarcación Cristina da zona de servizo do porto de Sada.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Badalona, á mercantil Altaba, S.A. orde de retirada da embarcación Cristina da zona de dominio público portuario do porto de Sada, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido, sito na avenida Presidente Companys, 112, de Badalona, provincia de Barcelona.

De acordo co informe que traslada o persoal do porto de Sada, a embarcación está depositada en estado de abandono e sen actividade desde hai anos dentro do recinto do porto deportivo de Sada.

Esta orde emítea a Dirección de Portos de Galicia ao abeiro das competencias conferidas polo artigo 9.3.a) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación de Portos de Galicia, e en aplicación do establecido na regra décimo cuarta de aplicación á tarifa portuaria X-5 –embarcacións deportivas e de lecer– prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía portuarios, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

A retirada da embarcación deberá producirse nun prazo máximo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Badalona.

No caso de incumprimento, Portos de Galicia procederá a efectuar a retirada de maneira subsidiaria e por conta do propietario, trasladando a embarcación á zona de depósitos do porto de Sada e sen facerse responsable de ningún dos danos que poida sufrir a embarcación.

Igualmente, e no caso de incumprimento, darase traslado do expediente á presidencia de Portos de Galicia para efectos de resolver a incautación da embarcación a favor desta entidade, que procederá ao seu alleamento e a dar ao importe do remate o destino previsto na normativa de aplicación.

Para o seu exame, o expediente completo está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central; praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

Este acto administrativo, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa e é susceptible de recurso de alzada, que se deberá presentar ante a presidencia de Portos de Galicia nun prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou ao da súa exposición no taboleiro de edictos do Concello de Badalona.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2014

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia