Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43259

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de prazas vacantes no cadro de persoal funcionario incluídas na oferta de emprego público 2014.

No Boletín Oficial da provincia nº 168, do 2 de setembro de 2014, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público 2014:

– Unha praza de encargado forestal, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, e integrada no grupo C1, por quenda de promoción interna.

– Catro prazas de condutor maquinista, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, e integrada no grupo C1, por quenda de promoción interna.

– Unha praza de condutor maquinista, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, e integrada no grupo C2, por quenda de promoción interna.

– Unha praza de oficial de servizos auxiliares, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, e integrada no grupo C2, por quenda de promoción interna.

– Unha praza de oficial de lavandaría, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, e integrada no grupo C2, por quenda de promoción interna.

– Dúas prazas de oficial de servizos xerais e subalternos, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, e integradas no grupo C2, por quenda de promoción interna.

– Dúas prazas de oficial de comedor, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, e integradas no grupo C2, por quenda de promoción interna.

– Unha praza de oficial de infraestruturas e servizos, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, e integrada no grupo C2, por quenda de promoción interna.

– Dúas prazas de auxiliar administrativo, encadradas na escala de Administración xeral, subescala de auxiliar, e integrada no grupo C2, por quenda de promoción interna.

– Unha praza de técnico de Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala técnica, e integrada no grupo A1, por quenda de promoción interna.

– Unha praza de técnico de xestión, integrada no grupo A2 da escala de Administración xeral, subescala de xestión.

A presentación de solicitudes poderá efectuarse, ben no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 2 de setembro de 2014

Begoña Estévez Bernárdez
Deputada delegada