Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43066

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1987/2012-CON).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1987/2012-CON.

Xulgado de orixe/autos: demanda 795/2010 Xulgado do Social número 2 de Pontevedra.

Recorrente: María José Marque Piso.

Graduado social: Manuel Rafael Lema Devesa.

Recorrido: empresa Carlos Núñez Pérez.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1987/2012-CON desta sección, seguido por instancia de María José Marque Piso contra a empresa Carlos Núñez Pérez, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Que considerando en parte o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da parte demandante, María José Marque Piso, contra a sentenza de data vinte e nove de setembro de dous mil once, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra nos autos número 795/2010, seguidos por instancia da demandante contra a empresa demandada, debemos condenar e condenamos a citada empresa Carlos Pérez Núñez a aboarlle á demandante a cantidade de 1.589,8 euros polos conceptos expresados na fundamentación xurídica desta resolución.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que deberá prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Carlos Núñez Pérez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xullo de 2014

A secretaria xudicial