Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43068

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (203/2014).

Execución de títulos xudiciais 203/2014.

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 498/2013.

Sobre: despedimento.

Demandante: Palmira Ordóñez Patiño.

Avogada: María José Liste López.

Demandado: Servanza, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 203/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Palmira Ordóñez Patiño contra Servanza, S.L., sobre despedimento, se ditou decreto en data 10 de setembro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Servanza, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 7.740,70 euros en concepto de principal (6.201,64 euros de indemnización +1.388,77 euros en concepto de liquidación de salarios + 150,29 euros de xuros do artigo 29.3 do E.T. de 1.388,77 euros), máis 774,07 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e testemuño á presente execución.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 00493569920005001274 no Banco Santander, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguido do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2014

A secretaria xudicial