Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43070

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (292/2013).

Execución de títulos xudiciais 292/2013.

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 769/2012.

Sobre: ordinario.

Demandante: Ramón Vázquez Rial.

Avogado: Eugenio Moure González.

Demandado: Neo Energy Solutions Europe, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 292/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Vázquez Rial contra Neo Energy Solutions Europe, S.L., sobre ordinario, se ditou decreto en data 12 de setembro de 2014 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada Neo Energy Solutions Europe, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 77.638,11 euros en concepto de principal [41.086,91 euros en concepto de indemnización que aboará Neo Energy Solutions Europe, S.L. + 5.147,11 euros que aboará solidariamente Neo Energy Solutions Europe, S.L. e a Servicios de Ingeniería y Montaje Alen, S.L. polos salarios, axudas de custo, quilometraxe e horas extras correspondentes a novembro e decembro de 2010, xaneiro, febreiro e decembro de 2011 e xaneiro de 2012 + 31.404,09 euros que aboará Neo Energy Solutions Europe, S.L., en concepto de horas extras, axudas de custo, quilometraxe e salarios devindicados desde febreiro de 2012 a marzo de 2013], máis 7.763,81 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e testemuño á presente execución.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 5076 no Banco Santander, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Neo Energy Solutions Europe, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2014

A secretaria xudicial