Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 17 de setembro de 2014 sobre notificación de resolución de reintegro de subvencións a Manuel Arias Dorado.

Mediante este anuncio, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, logo de intentada sen éxito a notificación a Manuel Arias Dorado (NIF 33835827-K) nos intentos practicados no seu domicilio, comunicámoslle que o 12 de maio de 2014 se resolveu declarar o reintegro da subvención indebidamente percibida no expediente 973/27/2009/000244, pola cantidade de 15.193,60 €.

De encontrar conforme a liquidación que se lle formula, pode vostede efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira Abanca número ES19 2080 0388 28 31 1000 1396, dentro dos seguinte prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, a entidade interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición, ante a Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben formular directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados ambos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Esgotado o prazo voluntario de ingreso sen que se efectuase o pagamento da débeda, procederase ao inicio do procedemento de recadación na vía de constrinximento ante a Axencia Tributaria, de acordo coa normativa vixente.

O expediente encóntrase, en todo caso, á disposición do interesado no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga); rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria