Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2014 pola que se anuncia a modificación do prego de prescricións técnicas correspondente á contratación do servizo para a evolución dos módulos inspector, sancionador e de xestión tributaria do Sistema de xestión integrada dos tributos (Xeito2), cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), mediante tramitación documentalmente simplificada, e se dá un novo prazo de presentación de ofertas.

missing image file

Como consecuencia da modificación que hai que realizar no prego de prescricións técnicas que rexe a contratación que se referencia, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 183, do 25 de setembro de 2014, procédese a:

Primeiro. Facer público o contido da modificación no perfil do contratante no enderezo seguinte:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21263

Segundo. Dar un novo prazo de presentación de ofertas de quince (15) días naturais desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2014

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable