Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de setembro de 2014 pola que se notifica a Resolución do 12 de xuño de 2014 que deixa sen efecto o apercibimento do 19 de xullo de 2013 e require o cumprimento da Resolución do 2 de marzo de 2010 de demolición de obras (expediente 107 B 2006/35-0).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 12 de xuño de 2014, ditou resolución pola que se deixa sen efecto o apercibimento do 19 de xullo de 2013, previo á execución forzosa de orde para a restitución da legalidade.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a María Teresa Doce Fernández (predio rexistral número 14792), Pazo de Xafoi, S.L. (predio rexistral número 14799), José Manuel Romero López e Maribel Fernández Dadín (predio rexistral número 14804) e Proyectos Augusta, S.L. (predio rexistral número 14821), mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercitan o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística