Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2014 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación dos servizos piloto de vixilancia competitiva e desenvolvementos tecnolóxicos no marco do Proxecto Alerta, cofinanciado polo Fondo Social Europeo nun 80 % no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 80.

missing image file

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación da prestación de servizos piloto de vixilancia competitiva e desenvolvementos tecnolóxicos no marco do Proxecto Alerta.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 2/14.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos piloto de vixilancia competitiva e desenvolvementos tecnolóxicos no marco do Proxecto Alerta.

b) División por lotes e número:

Lote

Obxecto

1

Proxecto piloto de vixilancia competitiva en desenvolvemento territorial

2

Proxecto piloto de vixilancia competitiva en internacionalización

3

Proxecto piloto de vixilancia competitiva en emprendemento

4

Proxecto piloto de vixilancia competitiva en financiamento

5

Proxecto piloto de vixilancia competitiva no clúster de actividades empresariais relacionadas coas TIC

6

Proxecto piloto de vixilancia competitiva no clúster de actividades empresariais relacionadas coa madeira

7

Proxecto piloto de vixilancia competitiva no clúster de actividades empresariais relacionadas coa enerxía

8

Proxecto piloto de vixilancia competitiva en empresas

9

Deseño conceptual de Observatorio Integral da Competitividade

10

Extensión xeográfica da rede Alerta

11

Desenvolvemento e integración dun xestor de contidos para vista pública e administración do Observatorio Integral da Competitividade

12

Desenvolvemento dunha versión móbil da plataforma Alerta en código aberto

13

Elaboración dun documento de especificacións públicas da rede Alerta

14

Avaliación da viabilidade e sustentabilidade dos proxectos piloto

c) Lugar de execución: dependencias das empresas ás cales se presta servizo, centros de formación, se é o caso.

Lugar de entrega: a documentación sinalada como entregable no prego de prescricións técnicas, derivada da execución deste contrato entregarase no Igape en Santiago de Compostela.

d) Prazo de vixencia (meses): a execución do contrato realizarase nos prazos ofertados pola contratista, cos máximos establecidos nos pregos, sen superar a data do 31.12.2015. A vixencia estenderase ata a completa execución do contrato e expiración do prazo de garantía ofertado.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto.

4. Valor estimado da contratación e orzamento base de licitación. O valor estimado da contratación correspóndese co orzamento base de licitación. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo nun 80 % no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 80.

Importe total 281.592 € (douscentos oitenta e un mil cincocentos noventa e dous euros) máis imposto sobre o valor engadido (IVE) de 58.555,82 € (cincuenta e oito mil cincocentos cincuenta e cinco euros con oitenta e dous céntimos). Total: 340.147,82 € (trescentos corenta mil cento corenta e sete euros con oitenta e dous céntimos), coa seguinte desagregación por lotes:

Lotes

Importe
sen IVE

IVE

Total

Lote 1. Proxecto piloto de vixilancia competitiva en desenvolvemento territorial

16.529 €

3.471,09 €

20.000,09 €

Lote 2. Proxecto piloto de vixilancia competitiva en internacionalización

41.322 €

8.677,62 €

49.999,62 €

Lote 3. Proxecto piloto de vixilancia competitiva en emprendemento

20.661 €

4.338,81 €

24.999,81 €

Lote 4. Proxecto piloto de vixilancia competitiva en financiamento

20.661 €

4.338,81 €

24.999,81 €

Lote 5. Proxecto piloto de vixilancia competitiva no clúster de actividades empresariais relacionadas coas TIC

33.057 €

6.941,97 €

39.998,97 €

Lote 6. Proxecto piloto de vixilancia competitiva no clúster de actividades empresariais relacionadas coa madeira

33.057 €

6.941,97 €

39.998,97 €

Lote 7. Proxecto piloto de vixilancia competitiva no clúster de actividades empresariais relacionadas coa enerxía

33.057 €

6.941,97 €

39.998,97 €

Lote 8. Proxecto piloto de vixilancia competitiva en empresas

24.793 €

5.206,53 €

29.999,53 €

Lote 9. Deseño conceptual do Observatorio Integral da Competitividade

9.091 €

1.909,11 €

11.000,11 €

Lote 10. Extensión xeográfica da rede Alerta

8.264 €

1.735,44 €

9.999,44 €

Lote 11. Desenvolvemento e integración dun xestor de contidos para vista pública e administración do Observatorio Integral da Competitividade

10.740 €

2.255,40 €

12.995,40 €

Lote 12. Desenvolvemento dunha versión móbil da plataforma Alerta en código aberto.

10.740 €

2.255,40 €

12.995,40 €

Lote 13. Elaboración dun documento de especificacións públicas da rede Alerta

8.050 €

1.690,50 €

9.740,50 €

Lote 14. Avaliación da viabilidade e sustentabilidade dos proxectos piloto

11.570 €

1.851,20 €

13.421,20 €

5. Garantía provisional: non procede.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría): non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: suficiente solvencia económica e experiencia para a execución do contrato.

Criterios da solvencia económica mínima: a licitante deberá acreditar unha cifra de negocio media durante os tres últimos exercicios ou prazo inferior, se é o caso, igual ou superior ao importe orzado para o lote. No caso de licitar a varios lotes, deberá acreditar unha cifra de negocio media durante os tres últimos exercicios ou prazo inferior, se é o caso, igual ou superior a 50.000 €, que se acreditará conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios da solvencia técnica: experiencia da licitante de cando menos un traballo relacionado coa intelixencia competitiva realizado nos últimos tres exercicios económicos cerrados ou prazo inferior, se é o caso, que se acreditará conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 30.10.2014.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data de apertura dos sobres B (ofertas técnicas): 13.11.2014, ás 10.00 horas.

e) Data de apertura dos sobres C (ofertas económicas): 21.11.2014, ás 10.00 horas.

10. Criterios de adxudicación. Serán os seguintes, avaliados segundo o establecido na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lotes 1-8.

Criterio

Valoración

Prezo

60 %

Adecuación da metodoloxía aos obxectivos da contratación e grao de especificación do servizo ofertado

40 %

Lote 9. Deseño conceptual do Observatorio Integral da Competitividade.

Criterio

Valoración

Prezo

70 %

Grao de especificación do servizo ofertado

30 %

Lote 10. Extensión xeográfica da rede Alerta.

Criterio

Valoración

Prezo

60 %

Grao de especificación do servizo ofertado

40 %

Lote 11. Desenvolvemento e integración dun xestor de contidos para vista pública e administración do Observatorio Integral da Competitividade.

Criterio

Valoración

Prezo

80 %

Grao de especificación do servizo ofertado

20 %

Lote 12. Desenvolvemento dunha versión móbil da plataforma Alerta en código abierto.

Criterio

Valoración

Prezo

70 %

Grao de especificación do servizo ofertado

30 %

Lote 13. Elaboración dun documento de especificacións públicas da rede Alerta.

Criterio

Valoración

Prezo

70 %

Grao de especificación do servizo ofertado

30 %

Lote 14. Avaliación da viabilidade e sustentabilidade dos proxectos piloto.

Criterio

Valoración

Prezo

60 %

Adecuación da metodoloxía ós obxectivos da contratación e grao de especificación do servizo ofertado

40 %

11. Outras informacións. O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1 números 1) e 2) do Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009.

12. Gastos de anuncios: 4.000 € máximo. Serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso): 10.9.2014.

14. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos: www.igape.es/contratacions.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica