Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 26 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica ás persoas interesadas a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo P-007/14.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido e logo de comprobarse a desocupación da vivenda, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo que se detalla no anexo.

Pontevedra, 26 de agosto de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: P-007/14.

Adxudicatarios: Comunidade Hereditaria de María del Carmen Remiseiro Fernández e Manuel Manuel Calvo Remiseiro.

Estado de ocupación: baleira.

Enderezo: rúa Illa do Tambo núm. 69-7º B, 36163 Poio, Pontevedra.

Asunto: a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda da Comunidade Hereditaria de María del Carmen Remiseiro Fernández e Manuel Manuel Calvo Remiseiro, así como os demais ocupantes da vivenda identificada co expediente de construción PO-82/030, conta 14.

Indicación do contido: acordar a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda da Comunidade Hereditaria de María del Carmen Remiseiro Fernández e Manuel Manuel Calvo Remiseiro, así como dos demais ocupantes da vivenda situada na rúa Illa do Tambo núm. 69-7º B, Poio, Pontevedra, que levará a cabo o funcionario do IGVS que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, incorporada ao expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselles aos interesados que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderán evitar o lanzamento aboando o total da débeda no prazo de 15 días hábiles a partir do seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou a publicación e aportando xustificante de se atoparen ao día coa comunidade de propietarios.

Recursos: contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor ante o xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa recepción, conforme os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, dentro dos dous meses seguintes ao da notificación desta resolución, segundo establecen os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (Boletín Oficial del Estado núm. 167, do 14 de xullo).