Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43131

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente OA-05-2014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Nº de expediente: OA-05-2014.

– Obra incluída no Plan DTC 93 Unha deputación para todos os concellos.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: reparación e mellora de camiños nas parroquias de Guísamo, Bergondo, Moruxo, Babío, Vixoi, Lubre e Cortiñán.

b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.

c) Prazo de execución (meses): 2 meses.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.

4. Orzamento de licitación.

A: valor estimado: 141.712,11 €; B: IVE (21 %): 29.759,54 €. Importe total: A+B: 171.471,65 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Bergondo.

b) Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

c) Localidade e código postal: Bergondo 15165.

d) Teléfono: 981 79 12 52.

e) Fax: 981 79 42 33.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

Clasificación indicativa para os efectos do disposto no artigo 65.1.a), parágrafo 2º do TRLCSP: grupo G, subgrupo 6, categoría d; grupo G, subgrupo 4, categoría c.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de vinte e seis (26) días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP, no Diario Oficial de Galicia ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do derradeiro día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que rexerán para a contratación mediante procedemento aberto (cun único criterio de valoración: factor prezo) das obras comprendidas nos plans provinciais e outras obras provinciais (BOP nº 103, do 1 de xuño de 2012), subtituíndo a documentación que hai que presentar no sobre A pola declaración responsable segundo o modelo que consta no expediente e publicado no perfil do contratante.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral.

2ª. Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

3ª. Localidade e código postal: Bergondo 15165.

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o quinto día hábil seguinte ao que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: 13.00 horas.

10. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio e no perfil do contratante: www.bergondo.es

11. Gastos dos anuncios:

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

Bergondo, 26 de setembro de 2014

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa