Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42882

V. Administración de xustiza

Xulgado do Penal número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (799/2012).

Xuízo verbal 799/2012.

Sobre: outras materias.

Demandante: Lease Plan Servicios, S.A.

Procurador: José Paz Montero.

Avogado: Raúl Pernia Azcarate.

Demandado: Copy Estudio, S.L.

José Luis Pérez García, secretario xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 1 de Santiago de Compostela, por medio do presente,

Anuncio:

Neste procedemento de xuízo verbal 799/2012, seguido por instancia de Lease Plan Servicios, S.A. fronte a Copy Estudio, S.L., ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 47/13.

Na cidade de Santiago de Compostela o oito de abril de dous mil trece.

Vistos por Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal número 799/2012, seguidos ante este xulgado entre partes; dunha, como demandante, Lease Plan Servicios, S.A., con procurador Sr. Paz Montero e letrados Sr. Pernía Azcarate e Sr. Luengo Martínez, e doutra como demandada a mercantil Copy Estudio, S.L., en rebeldía, sobre resolución de contrato e reclamación de cantidade, dítase esta sentenza sobre a base dos seguintes:

Decisión

Que estimando como estimo a demanda interposta por Lease Plan Servicios, S.A., con procurador Sr. Paz Montero, fronte á mercantil Copy Estudio, S.L., en rebeldía:

Debo declarar resolto o contrato de alugamento de vehículos sen condutor subscrito entre as partes en data 23 de maio de 2007.

Debo condenar e condeno a demandada á inmediata restitución á demandante do vehículo da súa propiedade Volkswagen Passat matrícula 6420 FPX.

Debo condenar e condeno a demandada a pagarlle á demandante a cantidade de 2.161,02 €, máis os xuros de demora contractualmente pactados do 1 % mensual.

Debo condenar e condeno a demandada a pagar á demandante, en concepto de indemnización de danos e perdas derivados de incumprimento contractual, as rendas mensuais de alugamento deixadas de percibir pola demandante desde o 1 de xuño de 2012 ata que se produza a efectiva restitución do vehículo.

Debo condenar e condeno a parte demandada ao pagamento das custas procesuais causadas.

Únase a presente ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Modo de impugnación: conforme o disposto no artigo 455.1 da LAC, reformado pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual, tratándose dun xuízo verbal de contía non superior a 3.000 €, esta sentenza non é susceptible de ningún recurso.

E encontrándose o dito demandado, Copy Estudio, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2013

O secretario xudicial