Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42880

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (3335/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3335/2012 BC.

Xulgado de orixe/autos: demanda 3/2011 Xulgado do Social número 2 de Pontevedra.

Recurrente: Luis Nilo Sánchez Gómez.

Abogado: Juan Rafael Pazos Pesado.

Procuradora: Raquel Iglesias Regueira.

Recurrido: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Antolín González Jofré.

Abogado: Servizo Xurídico da Seguridade Social (Provincial).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3335/2012 desta sección, seguido por instancia de Luis Nilo Sánchez Gómez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Antolín González Jofré, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos: que con desestimación do recurso interposto por Luis Nilo Sánchez Gómez, confirmamos a sentenza que con data do 20 de marzo de 2012 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 2 dos de Pontevedra, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Antolín González Jofré.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Antolín González Jofré, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de setembro de 2014

A secretaria xudicial