Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 2 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014266AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 7 de agosto de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador 2014266AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra contra a entidade Fruhormiño, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Fruhormiño, S.L. o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra; avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 1º, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 2 de setembro de 2014

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2014266AL-PO.

Denunciada: Fruhormiño, S.L., con CIF B27785625.

Último enderezo coñecido: mercado de froitas do Raviso, posto 11, estrada provincial, 136, 36214, Vigo.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria. Tamén se confirma a intervención cautelar de 25 caixas de pementos e 6 caixas de cenorias, ata que se garanta a súa orixe.

Preceptos infrinxidos:

– Artigos 17.1 e 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

– Artigos 3, 5 e 6.1 e capítulo I, puntos 1, 2 e 4; capítulo II, punto 1.a), b), c) e f) do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigo 14.1 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

Tipificación: impútanselle dúas infraccións graves, segundo o artigo 51, punto 2, parágrafos 3 e 15 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, e dúas infraccións leves, segundo o artigo 51, punto 1, parágrafos 2, 4 e 10 da mesma lei.

Sanción proposta: doce mil dous euros (12.002,00 €).