Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do depósito dos estatutos da Federación de Industria (CIG-Industria) da Confederación Intersindical Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito dos estatutos de organizacións empresariais e sindicais da Consellería de Traballo e Benestar foron depositados os estatutos da Federación de Industria (CIG-Industria), da Confederación Intersindical Galega, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á dita federación os/as traballadores/as de Galicia, en situación laboral en activo, parado, pensionista ou xubilado, que presten os seus servizos ou os prestasen ou solicitasen prestalos nunha empresa pertencente ás actividades nomeadas no artigo 1 destes estatutos.

Asinan a acta de constitución: Jesús Costa Argibay, Concepción Freire Montes, Anxo Outeiro Parado, Alberte Amado Tallón, Xabier Filgueira Domínguez, Ramón Fernández Alfonzo, Henrique Pérez Fernández, César Rodríguez Martínez, Miguel Malvido Cabirto.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social