Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o cambio de domicilio social da Asociación Gallega de Criadores de Visón (Agavi).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación da reunión da Xunta Directiva da Asociación Gallega de Criadores de Visón (Agavi), que tivo lugar o día 19 de febreiro de 2014, onde se acordou o cambio do domicilio social, que pasa a ser na rúa do Castrón Douro, nº 17, baixo, 15703 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social