Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42244

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (732/2014).

Auto.

Maxistrada-xuíza Dalila Dopazo Blanco.

En Lugo, 4 de setembro de 2014.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Neste xulgado tivo entrada o día 25.6.2014 o procedemento despedimento/cesamentos en xeral 732/2014, en que foron partes Javier Pérez Prado e Parques y Mobiliario Urbano de Galicia, S.L.

Segundo. No Xulgado do Social número 2 de Lugo tramítase o procedemento de extinción de contrato e reclamación de cantidade número 857/2014 entre as mesmas partes.

Terceiro. A parte demandante, mediante escrito con data do 1.9.2014, solicitou a acumulación aos presentes autos dos que se tramitan ante o Xulgado do Social número 2 de Lugo.

Fundamentos de dereito.

Único. De conformidade co disposto no artigo 32 da Lei da xurisdición social, cando o traballador formule demandas por algunha das causas previstas no artigo 50 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e por despedimento, a demanda que se promova posteriormente acumularase á primeira de oficio ou por petición de calquera das partes, e deberanse debater todas as cuestións propostas nun só xuízo. Para estes efectos, o traballador deberá facer constar na segunda demanda a pendencia do primeiro proceso e o xulgado que coñece do asunto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño:

– Acumular a este procedemento de despedimento/cesamentos en xeral número 732/2014 o procedemento de extinción de contrato e reclamación de cantidade que se tramita no Xulgado do Social número 2 de Lugo, co número 857/2014.

– Expedir oficio ao xulgado expresado, requiríndoo para que remita a este xulgado os autos referenciados.

Mantense a data do 21.11.2014, ás 11.15 horas, para a celebración dos actos de conciliación e xuízo, de ser o caso.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei da xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social deberá consigna a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social número 1, aberta en Santander, conta nº 2322.0000.30.0732.14.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza O/a secretario/a xudicial