Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42243

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (73/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber:

«Sentenza nº 452/14

A Coruña, 3 de setembro de 2014.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e do seu partido, os presentes autos de xuízo nº 73/2014, seguidos por instancia de Rodica Dragusin, asistida pola letrada Marina Álvarez Santos, contra a empresa Salvador Beltrán Moreno, que non comparece, e Fogasa, sobre despedimento.

Resolvo

Que debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante, condenando o demandado, empresa Salvador Beltrán Moreno, a que aboe á demandante a cantidade de 1.248,41 euros en concepto de indemnización ou, no caso de optar pola readmisión da demandante, ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data de despedimento e a presente resolución, cuantificados a razón de 41,27 euros diarios.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así, por esta miña sentenza, que pronuncio, mando e asino».

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Salvador Beltrán Moreno, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan emprazamentos, sentenzas e autos.

A Coruña, 5 de setembro de 2014

A secretaria xudicial