Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42242

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (363/2013).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no presente procedemento ordinario 363/2013 seguido por instancia de Verde y Neutro, Sociedad Limitada fronte a José Martínez Godoy, María Luisa Fernández Méijome, comunidade hereditaria de Antonio Fernández Vázquez e comunidade hereditaria de Elisa Gutiérrez Fernández, se ditou auto, cuxo teor literal da parte dispositiva é o seguinte:

Acordo rectificar a sentenza do 12 de novembro de 2013 na primeira frase da resolución, de modo que onde di «Estimo integramente a demanda presentada por Punto Verde y Neutro, S.L.…» debe dicir «Estimo integramente a demanda presentada por Verde y Neutro, S.L.…», manténdose integramente o resto do seu contido.

E encontrándose os ditos demandados, comunidade hereditaria de Antonio Fernández Vázquez e comunidade hereditaria de Elisa Gutiérrez Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2014

A secretaria xudicial