Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42240

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3904/2012).

Eu, María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fafo saber que no procedemento recurso de suplicación 3904/2012 desta sección, seguido por instancia de María del Carmen Alvariño Crespo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Navantia, S.A, Mutua Asepeyo, Mutua La Fraternidad-Muprespa, Innaval, S.L., Izar Construcciones Navales, S.A. en liquidación, Montajes Alfer, S.L., sobre viuvez, se ditou a seguinte resolución con data de hoxe:

Únese o anterior escrito, presentado o 19 de agosto de 2014, subscrito pola letrada María Veiga Ramos, en nome e representación de María del Carmen Alvariño Crespo, ao recurso correspondente, xunto coas súas copias.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias dese escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da citada sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Remítase edicto ao Diario Oficial de Galicia para o emprazamento de Montajes Alfer e Innaval, S.L.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 2 de Ferrol que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

E para que lle sirva de emprazamento en legal forma a Montajes Alfer e Innaval, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de setembro de 2014

A secretaria xudicial