Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de setembro de 2014 polo que se fai pública a notificación da resolución de extinción da concesión de actividade dun parque de cultivos mariños.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e logo de intentada a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución de extinción da concesión de actividade dun parque de cultivos mariños.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Secretaría Xeral do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono 881 99 72 39).

– Expediente: extinción da concesión de actividade dun parque de cultivos mariños localizado no lugar dos Xuncais, Barbos, ría de Ortigueira (A Coruña).

– Interesada: Cultivos de Ortigueira, S.L. (B15274491).

– Representante: Alonso Martínez, Emilio Ramón.

– Enderezo: rúa Presa de Alende, nº 4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña.

– Acto notificado: Resolución do 5 de maio de 2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se acorda a extinción da concesión de actividade dun parque de cultivos mariños titularidade de Cultivos Ortigueira, S.L., sito no lugar dos Xuncais, Barbos, ría de Ortigueira (A Coruña).

– Prazo para presentar recurso: recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente da dita orde xurisdicional, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2014

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar