Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2014 pola que se anuncia a contratación do servizo para a xestión integral de residuos con risco sanitario, clases III e IV, durante os anos 2014 a 2017, por procedemento aberto e trámite ordinario, suxeito a regulación harmonizada (expediente 4/2014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de xestión integral de residuos con risco sanitario, clases III y IV, durante os anos 2014 a 2017.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: a recollida dos residuos terá lugar no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, sito en Lugo; Laboratorio de Sanidade Animal de Mabegondo (A Coruña) e Laboratorio de Sanidade Animal de Salcedo (Pontevedra).

e) Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2017.

f) Admisión de prórroga: si, prorrogable por un ano máis.

g) CPV: 90520000-8.

h) Acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada:

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 273.009 €. IVE (10 %): 27.300,90 €. Importe total: 300.309,90 €.

Valor estimado: 428.410,80 euros (sen IVE), incluídas posibles modificacións e prorroga.

5. Financiamento: Fondos Propios da Comunidade Autónoma.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo R, subgrupo 5, categoría b e grupo S, subgrupo 4, categoría b.

Para os licitadores non españois dos Estados membros da Unión Europea: que acrediten a súa solvencia de conformidade co establecido nas epígrafes J e K da folla de especificación do prego.

Outros requisitos específicos: habilitación empresarial/profesional (artiigo 54.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público):

a.1) Acreditación da condición de empresa autorizada para a xestión de residuos perigosos pola comunidade ou comunidades autónomas competentes, en función da situación das plantas de tratamento dos residuos.

a.2) Acreditación da inscrición no Rexistro de transportistas de residuos perigosos da comunidade ou comunidades autónomas competentes, en función da circulación do seu transporte.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (IVE excluído): 13.650,45 €.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, nº 5, 2º andar, CP 15781, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37/881 99 93 88 (consultas administrativas) 981 54 57 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http:www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21113

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 21 de outubro de 2014.

b) Documentación que compre presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (02) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 3 de novembro de 2014.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 1 de setembro de 2014. Envío de corrección ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11 de setembro de 2014.

13. Outras informacións:

– No prego de prescricións técnicas modifícanse parcialmente os cadros correspondentes aos Volumes anuais para tratar en cada unha das anualidades 2014, 2015, 2016 e 2017, páxinas 4, 5 e 6.

– No prego de cláusulas administrativas particulares modifícanse parcialmente a epígrafe G da folla de especificacións do prego e o nº 1 Oferta económica anexo II.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2014

P.D. (Orde do 30 de marzo de 2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar