Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de setembro de 2014 polo que se fai pública a notificación da resolución de extinción do permiso de actividade dunha granxa mariña.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), e logo de intentada a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución de extinción do permiso de actividade dunha granxa mariña.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición da interesada na Secretaría Xeral do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono 881 99 72 39).

– Expediente: extinción do permiso de actividade da granxa mariña localizada no porto de Tragove, Cambados (Pontevedra).

– Interesada: Alimentación Projoscar, S.L. (B36378974).

– Representante: Pimenta Chaves, Carlos Manuel.

– Enderezo: lugar de Coirón, 119, Dena, 36968 Meaño (Pontevedra).

– Acto notificado: Resolución do 26 de maio de 2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se acorda a extinción do permiso de actividade da granxa mariña titularidade de Alimentación Projoscar, S.L., sita no porto de Tragove, Cambados (Pontevedra).

– Prazo para presentar recurso: recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente da dita orde xurisdicional, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2014

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar