Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 23 de setembro de 2014 Páx. 41916

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 5 de setembro de 2014 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 22 de xullo de 2014.

Por Orde do 22 de xullo de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 150, do 8 de agosto, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 22 de xullo de 2014 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14, do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso o servizo activo, o prazo será de vinte días.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa. No caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Datos do/a funcionario/a:

Nome e apelidos: Mª Sonia Villanueva Vázquez.

Número de rexistro de persoal: 3425974157A 2060.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: xefatura do Servizo de Programación de Pagamentos do Sergas.

Código do posto: FCC060000315770023.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

Localidade: Santiago de Compostela.