Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 23 de setembro de 2014 Páx. 41913

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2014 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 18 de xullo de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 141, do 28 de xullo) pola que se publican as bases reguladoras das axudas aos organismos intermedios para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización das empresas galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

missing image file

Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10.1 da citada Resolución do 18 de xullo de 2014 (DOG número 141, do 28 de xullo), en diante, bases reguladoras, están analizándose as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 8.8. das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) daquelas solicitudes de axuda xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recollen no anexo desta resolución.

Segundo. Requirir aos solicitantes incluídos no devandito anexo para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no enderezo www.tramita.igape.es, ao que accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co NIF e código IDE, desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na oficina virtual.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 8.8 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, teráselle por desistido na súa petición ao solicitante e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO
Solicitudes suxeitas a emenda de documentación

Núm. expediente

Titular do expediente

NIF

IG208.2014.1.1

Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime)

G36614774

IG208.2014.1.2

AGMMA (Asociación Gallega de Moldistas, Matriceros y Afines)

G36912962

IG208.2014.1.3

Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP)

G36615219

IG208.2014.1.4

Asociación Provincial de Graniteiros

G32297145

IG208.2014.1.5

Asociación de Adegueiros e Transformadores do Miño

G27292051

IG208.2014.1.6

Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga)

G36983575

IG208.2014.1.7

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

V27218643

IG208.2014.1.8

Asociación Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia

G27428465

IG208.2014.1.9

Asociación Clúster da Madeira de Galicia

G32290439

IG208.2014.1.10

Asociación Galega de Artesáns

G15128275

IG208.2014.1.11

Asociación Gallega de Ferias-Agafe

G32429953

IG208.2014.1.12

Ineo

G36969525

IG208.2014.1.13

Asociación de Empresarios Suelo Industrial de As Pontes

G15839491

IG208.2014.1.14

Bioga. Clúster Tecnológico Empresarial das Ciencias da Vida

G70259312

IG208.2014.1.15

Fundación CTAG (Centro Tecnológico de Automoción de Galicia)

G36871424

IG208.2014.1.16

Clúster TIC Galicia

G70157581

IG208.2014.1.17

IGP Ternera Gallega

Q1500342I

IG208.2014.1.18

Asociación Gallega de la Carne

G15350465

IG208.2014.1.19

Asociación Clúster do Audiovisual Galego

G15891260

IG208.2014.1.20

Asociación de Empresarios del Polígono S.C.V.

G32008765

IG208.2014.1.21

Ageinco

G36942720

IG208.2014.1.22

Aecalpo

G36274306

IG208.2014.1.23

C.R.D.O. Valdeorras

Q8255004G

IG208.2014.1.24

Federación Gallega de Asocs. y Gremios de Joyería, Platería y Relojería

G15086366

IG208.2014.1.25

Asociación Galega de Editores

G15130594

IG208.2014.1.26

Confederación Empresarial de Lugo

G27019793

IG208.2014.1.27

Asociación Clúster Alimentario de Galicia

G27407212

IG208.2014.1.28

Anfaco

G36625309

IG208.2014.1.29

Agrupación Innovadora Clúster de la Carne de Galicia

G32432221

IG208.2014.1.30

Asociación Clúster del Naval Gallego

G15710338

IG208.2014.1.31

Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo

G36801876

IG208.2014.1.32

Asociación Atlantic Terroirs

G32447575

IG208.2014.1.33

Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia

G36905040

IG208.2014.1.34

Asociación Galega da Propiedade Balnearia

G15079619

IG208.2014.1.36

Consello Regulador D.O. Ribeiro

Q8255201I

IG208.2014.1.37

Asociación Adegas do Salnés

G36531325

IG208.2014.1.38

Clúster de Pizarra de Galicia

G32405979

IG208.2014.1.39

Asociación Galega de Graniteiros

G36644961

IG208.2014.1.40

C.R.D.O. Monterrei

Q8255203E

IG208.2014.1.41

Federación Galega de Servizos Funerarios

G70167549

IG208.2014.1.42

AEI Termal de Galicia

G70247622

IG208.2014.1.43

Gremio Provincial de Carniceros y Charcuteros de Ourense

G32015729

IG208.2014.1.44

Asociación de Empresarios de O Couto

G32380065