Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 23 de setembro de 2014 Páx. 41909

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Estudios Cacumen, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora:

Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

3. Datas:

Outubro 2014: 17, 18, 24, 25.

Novembro 2014: 7, 8, 14, 15, 21, 22.

4. Lugar de celebración:

Estudios Cacumen.

Rúa Tui, nº 24, baixo.

27004 Lugo.

5. Número de prazas:

Máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a:

Responsables técnicos de empresas de servizos. Control de pragas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 17.10.2014

16.00-21.00 h

Introdución. Praguicidas (I).

Día 18.10.2014

10.00-14.00 h

Praguicidas (II).

16.00-20.00 h

Manipulación: formulacións e preparacións.

Día 24.10.2014

16.00-21.00 h

Almacenamento e transporte de biocidas. Equipamentos de aplicación.

Día 25.10.2014

10.00-14.00 h

Pragas específicas (I).

16.00-20.00 h

Pragas específicas (II).

Día 7.11.2014

16.00-21.00 h

Aplicación de raticidas e ratonicidas. Aplicación de insecticidas e acaricidas. Exercicio práctico.

Día 8.11.2014

10.00-14.00 h

Desinfección. Produtos utilizados. Técnicas de desinfección.

16.00-20.00 h

Aplicación de técnicas de desinfección. Exercicio práctico.

Día 14.11.2014

16.00-19.00 h

Praguicidas e ambiente (I).

19.00-21.00 h

Exercicios prácticos.

Día 15.11.2014

10.00-14.00 h

Praguicidas e ambiente (II).

16.00-20.00 h

Precaucións e normas de seguridade (I).

Día 21.11.2014

16.00-21.00 h

Precaucións e normas de seguridade (II).

Día 22.11.2014

10.00-13.00 h

Exercicios prácticos.

13.00-14.00 h

Proba de avaliación.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado

Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

Datas:

Outubro 2014: 17, 18, 24, 25.

Novembro 2014: 7, 8, 14, 15, 21, 22.

Lugar de realización do curso:

Estudios Cacumen.

Rúa Tui, nº 24, baixo.

27004 Lugo.

Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: os días 17 e 24 de outubro, e 7 e 21 de novembro, das 16.00 ás 21.00 horas, o 18 e 25 de outubro, e 8 e 15 de novembro, das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas, e o 22 de novembro, das 10.00 ás 14.00 horas.

Nº de prazas: máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Estudios Cacumen, rúa Tui, nº 24, baixo, 27004 Lugo, tel.: 982 24 39 44, fax: 982 28 41 61, correo electrónico: cacumen@cacumenlugo.com

Data límite de presentación de solicitudes: 15 de outubro de 2014.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Apelidos.................................................................................................................................

Nome.....................................................................................................................................

NIF..........................................................................................................................................

Enderezo................................................................................................................................

Localidade..............................................................................................................................

Teléfono....................................................Fax........................................................................

Empresa ................................................................................................................................