Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 23 de setembro de 2014 Páx. 41918

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2014, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as, pola que se dá publicidade a diversos acordos referentes ao cuarto exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 16 de setembro de 2014, o tribunal designado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG número 33, do 18 de febreiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Que de conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, superaron o cuarto exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cincuenta (50) puntos.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao cuarto exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos, na Escola Galega de Administración Pública, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que estimen oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2014

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal